Noticias e alertas

ALOVI: UN NOME, UNHA HISTORIA, TODA UNHA MEMORIA Hai nomes que forman parte da identidade dun lugar. En As Pontes, Alovi...

05/10/2026

ALOVI: UN NOME, UNHA HISTORIA, TODA UNHA MEMORIA
Hai nomes que forman parte da identidade dun lugar. En As Pontes, Alovi é un deles.
Sabías que detrás destas cinco letras está o nome de Adolfo López Vizoso, o impulsor do cine que abriu as súas portas a comezos dos anos 50 e que durante décadas foi punto de encontro de varias xeracións de ponteses e pontesas?
Películas, espectáculos, música, encontros, lembranzas... O Cine Alovi foi testemuña de boa parte da historia social e cultural da nosa vila. E, aínda hoxe, o edificio continúa sendo un dos grandes referentes da cultura local como Auditorio Municipal Cine Alovi, acollendo teatro, concertos e todo tipo de actividades culturais.
Un espazo que mudou co paso do tempo, pero que mantén intacta a súa esencia: ser un lugar para compartir, emocionarnos e vivir a cultura. Porque detrás dun edificio hai moito máis ca ladrillos. Hai historias, persoas e lembranzas que forman parte do que somos. ❤️
📖 Descubre a historia do Cine Alovi no reportaxe de El Progreso: https://www.elprogreso.es/…/alov…/202610031335262002899.html
#AsPontes #CineAlovi #Memoria #Cultura #HistoriaDeAsPontes #Patrimonio #AsPontesVive

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies