PROGRAMACIÓN CULTURAL OUTUBRO 🎭 TEATRO | A VELADA DE LONDRES
ButacaZero presenta A Velada de Londres, unha nova creación que nace como fondísima homenaxe a Manuel Lourenzo, finado o pasado ano.
Mestre e mentor de Xavier Castiñeira —e de tantas persoas que hoxe forman parte do teatro galego profesional—, a palabra, a mirada e o compromiso de Manuel Lourenzo coa escena seguen vivos en cada unha das nosas creacións, iluminando o camiño das novas xeracións.
🧛♂️ A Velada de Londres mergúllanos na súa visión sobre o universo de Drácula, unha das súas grandes obsesións creativas. A obra imaxina o que acontece tras o primeiro capítulo da novela de Bram Stoker, cando Jonathan Harker regresa a Londres xunto á súa muller Mina despois do seu encontro co Conde en Transilvania.
Aquela experiencia volve unha e outra vez á memoria de Jonathan, mentres a súa relación se esborralla entre o desexo, o medo e a fascinación.
🎶 A presenza en escena de Esperanza Mara, chelista e soprano, fará desta unha velada teatral, pero tamén musical.
A representación completarase cunha pequena exposición dedicada á vida, obra e legado de Manuel Lourenzo.
Un convite a descubrir, lembrar e celebrar a memoria dun creador que deixou unha pegada imborrable no teatro galego.
📅 Venres, 9 de outubro
🕣 20:30 h
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟 Entradas: https://aspontes.sacatuentrada.es/
Espectáculo financiado pola @daccultura
#AVeladaDeLondres #ButacaZero #ManuelLourenzo #TeatroGalego #Teatro #Drácula #BramStoker #CulturaGalega