Noticias y alertas

🍯🧀 XVI Feira do Mel e do Queixo de Goente O vindeiro 11 de outubro, Goente acollerá unha nova edición desta feira, un...

06/10/2026

🍯🧀 XVI Feira do Mel e do Queixo de Goente
O vindeiro 11 de outubro, Goente acollerá unha nova edición desta feira, un encontro para poñer en valor os produtos locais, a artesanía e as nosas tradicións.
Ao longo da xornada haberá postos de mel, queixo, produtos locais e artesanía, actividades infantís e familiares, unha charla sobre a cultura sidreira asturiana e unha degustación de tapas «con mel e queixo».
🍎 Este ano contamos coa presenza do Museo da Sidra de Nava (Asturias), convidado especial da feira, que ofrecerá charlas, actividades, catas e obradoiros.
🐝 Ademais, os días 9 e 10 de outubro celebraranse as XXVII Xornadas Apícolas do Eume, na Casa do Mel de Goente.
Unha cita para gozar, descubrir e compartir o mellor do noso territorio. Agardámosvos! 💛
#FeiraDoMel #FeiraDoQueixo #Goente #AsPontes #Eume #Mel #Queixo #ProdutosLocais #Artesanía #Apicultura #Galicia

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies