Noticias e alertas

COMPARTIMOS 📰 Hai historias que falan de compromiso, vocación e entrega aos demais. Hoxe queremos poñer en valor a hist...

07/10/2026

COMPARTIMOS 📰
Hai historias que falan de compromiso, vocación e entrega aos demais.
Hoxe queremos poñer en valor a historia de Sergio Criado, pontés de 32 anos e policía local de Ferrol, que será distinguido coa Medalla ao Mérito da Policía Local da Xunta de Galicia polo seu labor ao servizo da cidadanía.
👮‍♂️ 8 anos de profesión
❤️ 4 vidas salvadas como policía
🏊‍♂️ E unha vocación de servizo que comezou xa aos 18 anos, como socorrista.
Xunto ao seu compañeiro Javier Primoy, Sergio foi recoñecido pola súa intervención nunha situación de extrema dificultade, nunha traxectoria na que ambos os axentes contribuíron a salvar numerosas vidas.
Desde As Pontes queremos trasladarlle o noso orgullo e felicitación por este merecido recoñecemento. 👏 Parabéns, Sergio, por levar contigo o nome das Pontes e, sobre todo, por facer do servizo aos demais unha vocación.
#AsPontes #OrgulloPontés #SergioCriado #PolicíaLocal #ServizoPúblico #MedallaAoMérito
Máis info:

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies