Noticias y alertas

🎬 SALVAXE, SALVAXE | OUTONO DAS ARTES O próximo 15 de outubro, ás 20.00 h, a Casa Dr. Dopeso acollerá a proxección de S...

07/10/2026

🎬 SALVAXE, SALVAXE | OUTONO DAS ARTES
O próximo 15 de outubro, ás 20.00 h, a Casa Dr. Dopeso acollerá a proxección de Salvaxe, salvaxe, un filme de Emilio Fonseca que se adentra nos montes de Galicia e do norte de Portugal para rastrexar as pegadas e as ausencias do lobo ibérico.
A película, de 86 minutos e estreada en 2024, propón unha mirada diferente sobre a natureza e sobre a nosa relación co resto de seres vivos. A través dun ensaio cinematográfico que mestura territorio, mitoloxía, ciencia e memoria, cuestiona a maneira en que representamos e entendemos aquilo que chamamos «salvaxe».
Salvaxe, salvaxe recibiu, entre outros recoñecementos, a Biznaga de Prata ao Mellor Documental no Festival de Málaga e o premio ao Mellor Filme Galego no Play-Doc.
A actividade incluirá unha breve presentación antes da proxección e, ao rematar, un coloquio co equipo da película, no que participarán:
🎥 Emilio Fonseca, director e coguionista
🎬 Xiana do Teixeiro, coguionista e produtora
Unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de creación do filme e conversar sobre cinema, territorio, biodiversidade e a nosa relación coa natureza.
📅 15 de outubro de 2026
🕗 20.00 h
📍 Casa Dr. Dopeso
🎟Entrada libre.
Esta actividade forma parte do programa Outono das Artes da @culturadadeputaciondacoruna, unha iniciativa da programación cultural propia da institución provincial que achega diferentes propostas artísticas e culturais á cidadanía de toda a provincia. #OutonoDasArtes #DeputaciónDaCoruña #SalvaxeSalvaxe #CinemaGalego #Cultura #AsPontes #EmilioFonseca #XianaDoTeixeiro

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies