COMPARTIMOS 🛶 O pasado domingo 27, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes participou, con cinco dos seus padexeiros, na 32ª edición do Descenso Internacional do Umia, celebrada en Ribadumia.
Os deportistas ponteses afrontaron un percorrido de 8 quilómetros, marcado polas dificultades do río, con zonas de pouco calado e obstáculos no cauce provocados por ramas, canas e algas.
💪 O club conseguiu situarse no 10º posto da clasificación por clubs, entre un total de 30 equipos participantes. A nivel individual, cómpre destacar os resultados acadados:
🥈 Xoel Timiraos, 2º clasificado en Home K1 Cadete
🥉 Dani Ferro, 3º clasificado en Home K1 Cadete
Na categoría Home Veterán K1:
🥇 Toni Polo, 1º clasificado
8️⃣ Ernesto Gancedo, 8º clasificado
1️⃣4️⃣ Miguel Timiraos, 14º clasificado
👏 Parabéns a todos os padexeiros e ao Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes polos resultados e polo seu traballo e compromiso!
#AsPontes #Piragüismo #GrupoXuvenilAsPontes #DescensoDoUmia #DeportePontés