COMPARTIMOS 📰 🏆 UN NOVO RECOÑECEMENTO PARA O TALENTO PONTÉS
Parabéns a Xosé María López Fernández, pontés e investigador, por facerse co Premio de Investigación Ferro Caaveiro, convocado polo Museo Etnográfico de A Capela.
O xurado recoñeceu o seu traballo «Economía simbólica da morte no mito fluvial eumés», unha investigación que afonda no patrimonio cultural e na tradición oral da nosa contorna.
Un merecido recoñecemento á súa traxectoria e ao seu compromiso coa investigación, conservación e divulgación do patrimonio cultural galego.
Desde o Concello das Pontes queremos trasladarlle os nosos parabéns por este novo éxito e agradecerlle a súa contribución a manter viva a memoria, a historia e a identidade da nosa terra.
Máis info: https://www.lavozdegalicia.es/…/span…/0003_202610F8C5995.htm
#AsPontes #XoséMaríaLópezFernández #PremioFerroCaaveiro #Cultura #Patrimonio #Etnografía #Memoria #TalentoPontés