🏗️ REMATA A REURBANIZACIÓN DA PRAZA DO BARREIRO TRAS UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 372.000 EUROS
O alcalde e o equipo de goberno visitaron esta mañá a Praza do Barreiro para coñecer o resultado das obras de renovación integral, que xa están rematadas.
🌳 A actuación, cun investimento de 372.644,07 euros financiado pola Deputación da Coruña, permitiu transformar este espazo nun lugar máis accesible, seguro, verde e acolledor para toda a veciñanza.
Entre as principais melloras destacan: ✅ Novas zonas de estancia e convivencia. ✅ Área de xogos infantís. ✅ Itinerarios peonís accesibles e eliminación de barreiras arquitectónicas. ✅ Renovación do alumeado con luminarias LED. ✅ Novas zonas verdes e sistema de rega automatizada. ✅ Mobiliario urbano sostible.
Unha actuación que recupera e mellora un espazo de encontro para o poboado do Barreiro, apostando pola accesibilidade, a sustentabilidade e a calidade dos espazos públicos municipais.
Máis info: https://vive.aspontes.org/remata-a-reurbanizacion-da-praza…/
#AsPontes #PrazaDoBarreiro #Obras #EspazosPúblicos #Sustentabilidade