📸 A mostra «Nós somos Elas» chega á Casa Dospeso das Pontes!
Do 15 ao 30 de outubro, poderase visitar na Casa Dospeso a exposición Nós somos Elas, unha proposta da Área de Igualdade da @Deputación da Coruña e da Asociación Cultural Alexandre Boveda que pon o foco nas mulleres e no seu papel na historia.
A mostra reúne 24 retratos do Arquivo Fotográfico Vidal, realizados por José María Vidal, histórico fotógrafo de Laxe, que captou a vida cotiá das mulleres no ámbito familiar, privado e laboral.
As fotografías dialogan cos textos de 24 poetas galegas, que achegan a súa voz e a súa palabra ás imaxes para construír un relato inclusivo, recuperar a memoria e darlles ás mulleres o protagonismo que merecen.
✨ Un encontro entre fotografía e poesía que nos invita a mirar o pasado con outros ollos e a recoñecer as mulleres como protagonistas da nosa historia.
📍 Lugar: Casa Dospeso, As Pontes
📅 Datas: do 15 ao 30 de outubro
🕛 de luns a venres: 09:00 a 14:00 horas- 17:00 a 21:00 horas
🕐 sábados: 10:00 a 13:00 horas
Achégate a descubrir Nós somos Elas!
#AsPontes #CasaDospeso #NósSomosElas #Igualdade #Cultura #PoesíaGalega #MemoriaHistórica