🚧 FINALIZAN AS OBRAS NA RÚA PARDO BAZÁN
O Concello das Pontes vén de rematar a segunda fase das obras de mellora de servizos e pavimentos na rúa Pardo Bazán, cun investimento de 225.647 euros, financiados pola Deputación da Coruña.
✅ Renovación das beirarrúas e do pavimento da calzada.
✅ Mellora da accesibilidade e reordenación do tráfico.
✅ Novo sistema de saneamento separativo.
✅ Modernización do alumeado público con luminarias LED.
✅ Renovación da sinalización e instalación de mobiliario urbano.
✅ Novas prazas de estacionamento, incluíndo unha adaptada para persoas con mobilidade reducida.
A actuación abrangue unha superficie de 1.420 m² e completa a urbanización deste tramo da rúa, mellorando a seguridade, a accesibilidade e a funcionalidade do espazo público.
Seguimos traballando para construír unhas Pontes máis accesibles, seguras e confortables para toda a veciñanza. 💚
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-finaliza-a…/
#AsPontes #Obras #MelloraUrbana #Accesibilidade #ServizosPúblicos