TEATRO🎭 O MEU PAI NACEU O MESMO ANO QUE MICK JAGGER de Tarabela Creativa.
Unha herdanza millonaria, crimes delirantes e unha comparación imposible con Mick Jagger! 🎸
Unha comedia marxista (si, marxista!) que nos mergulla na Galicia máis delirante a través das historias reais que marcaron a traxectoria do pai de Carmen Conde, especialista en dactiloscopia da Policía Xudicial. Bombas, carteiristas, estafadores, ladróns, leite tóxico de Chernóbil e capos hippies da marihuana… Todo vale nunha loita por unha herdanza millonaria con condicións moi peculiares. 💥
Unha viaxe entre a ciencia policial e as mentes delincuentes, entre a biografía dun pai singular e a dunha lenda do rock. Unha proposta chea de humor, ironía e historias sorprendentes que non vos podedes perder!
📅 Venres, 23 de outubro
🕣 20:30 h
📍 Auditorio Municipal Cine Alovi
🎟️ Entradas á venda en: 👉 https://aspontes.sacatuentrada.es/
Vémonos no teatro! 🙌
#Teatro #TarabelaCreativa #MeuPaiNaceuOMesmoAnoQueMickJagger #Cultura #AsPontes #TeatroGalego #HumorGalego