🛍️ MercaNaVila 2026
A Deputación da Coruña pon en marcha unha nova edición de MercaNaVila, a campaña de bonos desconto que busca dinamizar o comercio de proximidade e apoiar os pequenos negocios da provincia.
📊 As Pontes, un referente na campaña de 2025: o municipio rexistrou 166.546,06 € en vendas, con 44 establecementos adheridos.
📅 Do 20 de outubro ao 20 de novembro de 2026, a veciñanza poderá beneficiarse de descontos directos nas súas compras nos comercios participantes.
🎟️ Como funciona?
▪️ Bonos de ata 100 € por persoa.
▪️ Descontos de 10 €, 20 € e 30 €, segundo o importe da compra.
▪️ Para persoas maiores de 18 anos
🤝 Desde o Concello das Pontes animamos á veciñanza a informarse sobre esta iniciativa da Deputación da Coruña e a aproveitar esta oportunidade para apoiar os negocios locais.
📲 Máis info: 👉 https://mercanavila.gal/
Apoiar o comercio local é impulsar a economía da nosa vila.
#MercaNaVila #DeputaciónDaCoruña #AsPontes #ComercioLocal #EconomíaLocal