🎀 19 DE OUTUBRO | DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA
💗 Hoxe tingimos de rosa o noso compromiso coa prevención, coa investigación e co apoio a todas as persoas que conviven co cancro de mama.
Desde o Concello das Pontes queremos enviar unha mensaxe de forza, agarimo e esperanza a todas as mulleres que están a pasar por esta enfermidade, ás persoas que as acompañan e a quen traballa cada día para avanzar na súa loita.
🎗️ A prevención, a detección precoz e a investigación salvan vidas. As revisións médicas e os programas de detección precoz son fundamentais para coidar da nosa saúde.
💞 Hoxe e todos os días, máis investigación, máis apoio e máis esperanza.
Xuntas e xuntos, seguimos avanzando. 💗
#DíaInternacionalDoCancroDeMama #19DeOutubro #ConcelloDasPontes #Prevención #Investigación #CompromisoRosa