🍄🌿 VOLVE «AS PONTES, TERRA DE COGOMELOS» COAS XORNADAS MICOGASTRONÓMICAS «MARISCO DE MONTE»! 🌿🍄
As Pontes celebra a sexta edición de «As Pontes, Terra de Cogomelos» con dúas fins de semana para gozar da gastronomía de outono e dos sabores dos nosos montes. 😋
📅 CANDO?
🍂 23, 24 e 25 de outubro
🍁 30 e 31 de outubro e 1 de novembro, coincidindo coa XXXVI Feira de Fungos e Cogomelos.
🍽️ 14 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES: 7 Camiños, A Cepa, A Taberna de Pancho, Delapiccola, La Grupetta del Lago, La Tremenda, O Martínez, O Medulio, O Puxigo, Trastoy 3, A Fervenza de Somede, Excalíbur, O Colador e Venus.
🍕 Pratos, racións, menús especiais, pizzas e tapas elaborados con cogomelos para descubrir a versatilidade deste produto de tempada.
💚 Unha iniciativa para apoiar a hostalaría local, dinamizar o municipio e poñer en valor a riqueza micolóxica das Pontes.
Este outono, os cogomelos son os protagonistas da mesa! 🍄😋
#AsPontes #TerraDeCogomelos #MariscoDeMonte #GastronomíaLocal #FeiraDeFungosECogomelos