Noticias y alertas

📚🎭 O Rato Pérez chega a Pontes! A programación especial da Biblioteca Municipal de As Pontes con motivo do Día das Bib...

20/10/2026

📚🎭 O Rato Pérez chega a Pontes!
A programación especial da Biblioteca Municipal de As Pontes con motivo do Día das Bibliotecas continúa cunha proposta para gozar do teatro en familia.
🐭 O xoves 22 de outubro, ás 18.00 h, o Cine Alovi acollerá O Rato Pérez, un espectáculo de A Xanela do Maxín que achega aos máis pequenos ao mundo da fantasía a través dun dos personaxes máis queridos da infancia.
✨ Unha oportunidade para compartir unha tarde de teatro, imaxinación e diversión, e para seguir celebrando a importancia das bibliotecas como espazos de encontro coa cultura e coa lectura.
📅 Xoves, 22 de outubro
🕕 18.00 h
📍 Cine Alovi, As Pontes
📖 Desde a Biblioteca Municipal seguimos celebrando o Día das Bibliotecas cunha programación pensada para achegar a cultura a todos os públicos.
#AsPontes #BibliotecaMunicipal #DíaDasBibliotecas #TeatroInfantil #ORatoPérez #AXanelaDoMaxín #CulturaAsPontes

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies