Noticias e alertas

📰 COMPARTIMOS 🌬️🔋 As Pontes avanza cara a un novo modelo enerxético. O Goberno central deu luz verde á instalación do...

20/10/2026

📰 COMPARTIMOS 🌬️🔋 As Pontes avanza cara a un novo modelo enerxético.
O Goberno central deu luz verde á instalación do sistema de almacenamento con baterías «Tesouro Storage», que estará vinculado ao futuro parque eólico de O Tesouro, nas Pontes.
⚡ O proxecto contará con 17,5 MW de potencia instalada e unha capacidade de almacenamento de 37 MWh, que permitirán almacenar enerxía xerada polo parque eólico, de 50,4 MW, e integrala no sistema eléctrico.
💶 A instalación das baterías suporá un investimento de 14,1 millóns de euros, que se suman aos 70 millóns previstos para o parque eólico. Segundo as estimacións de Endesa, este último podería xerar 34 empregos directos e 44 indirectos.
Un novo paso no desenvolvemento das enerxías renovables na comarca, nun contexto marcado pola transformación industrial e enerxética das Pontes tras o peche da central térmica.
📰 Máis información en La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/…/go…/0003_202610F20C6991.htm…
#AsPontes #EnerxíasRenovables #TransiciónEnerxética #EnerxíaEólica #AlmacenamentoEnerxético #DesenvolvementoIndustrial #Galicia

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies