🌬️ O Lago de As Pontes viviu unha fin de semana de máxima esixencia coa celebración da X Regata Lago de As Pontes da clase Optimist, que reuniu a 110 mozos e mozas regatistas de diferentes clubs galegos.
As fortes refachos de vento, que chegaron a superar os 30 nós, condicionaron o desenvolvemento da competición e obrigaron a adaptar as mangas previstas. O Grupo Azul puido completar unha proba, mentres que o Grupo Amarelo disputou catro das seis programadas.
💪 Malia as difíciles condicións de navegación, a regata volveu demostrar o talento, a capacidade de superación e o compromiso da canteira da vela galega.
👏 Destacada participación local:
🔹 Jaime Barreiro, do Club de Vela Fluvial As Pontes, acadou a 10ª posición da clasificación absoluta do Grupo Amarelo e o 9º posto na categoría Sub-16.
🔹 Jacobo Docanto, no Grupo Azul, afrontou unha regata especialmente complicada, sumando unha valiosa experiencia deportiva.
🏆 A proba, organizada polo Club de Vela Fluvial As Pontes coa colaboración da Real Federación Galega de Vela e do Concello de As Pontes, consolídase como unha das citas destacadas da vela infantil en Galicia.
👏 Parabéns a todos os participantes e grazas ao equipo organizador, adestradores, comité de regata, voluntariado e familias polo seu traballo e apoio.
#AsPontes #ConcelloDeAsPontes #Vela #Optimist #RegataLagoAsPontes #Deporte #VelaGalega