🍄🍂 AS PONTES CELEBRA A XXXVI FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS CUNHA FIN DE SEMANA CHEA DE GASTRONOMÍA, MÚSICA E ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS 🍂🍄
📅 Os días 31 de outubro e 1 de novembro, As Pontes converterase no punto de encontro para as persoas amantes da micoloxía, a gastronomía e os produtos de outono.
Unha fin de semana para gozar de numerosas propostas! 👇
🌳 Saídas micolóxicas e identificación de especies no Monte Forgoselo.
👩🍳 Obradoiros de cociña infantil e para persoas adultas con Rafael Rivas e Fabián Rondón, premiados no certame Mellor Cociñeiro de Cogomelos de Galicia 2025.
🍄 Exposicións e concursos de cestas, fotografía micolóxica e traballos escolares.
🥘 Degustación do menú micolóxico, con deliciosas propostas elaboradas con cogomelos e produtos locais.
🎶 Música e espectáculos con No Cómbaro, Canavella, Dillei Chiña, cantos de taberna e o monólogo de David Perdomo.
🛍️ Mostra de artesanía e produtos de outono e Mercado de Oportunidades MOVA.
🍽️ Ademais, a Ruta de Sabores permitirá descubrir propostas gastronómicas con cogomelos nos establecementos hostaleiros participantes.
📍 Praza de América, rúa Ramón Cabanillas, avenida da Coruña e outros espazos de As Pontes serán os escenarios desta celebración.
Agardámoste en As Pontes para celebrar o outono arredor dos cogomelos! 🍄💚
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-celebra-a-xxxvi-feira-…/
🎨 O cartel desta edición é o traballo gañador do concurso escolar «O Mundo da Micoloxía», elaborado polo alumnado do C.E.E. @aspanaes Parabéns polo traballo e pola súa contribución a esta celebración! 💚🍄
#AsPontes #FeiraDeFungosECogomelos #Cogomelos #Micoloxía #Gastronomía #ProdutosDeOutono #MOVA