Noticias e alertas

📰COMPARTIMOS 🏋️‍♀️ O deporte, unha escola para a vida O alumnado do IES Moncho Valcarce participou no programa Forza...

21/10/2026

📰COMPARTIMOS 🏋️‍♀️ O deporte, unha escola para a vida
O alumnado do IES Moncho Valcarce participou no programa Forza e Mente, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña para promover hábitos saudables, o benestar emocional e os valores do deporte entre a mocidade.
A través das experiencias de Irene Martínez, doce veces campioa de España de halterofilia, e Alba Rubial Lalín, campioa de España de rugby e psicóloga deportiva, as rapazas e rapaces puideron descubrir que o deporte vai moito máis alá da actividade física: ensina a superar retos, xestionar as emocións, traballar en equipo e aprender das derrotas.
Unha experiencia que tamén contribúe a visibilizar referentes femininos no ámbito deportivo e a inspirar as novas xeracións 💚
Máis info: https://www.elprogreso.es/…/depo…/202610181640202007106.html
#AsPontes #ForzaEMente #Deporte #Mocidade #HábitosSaudables #BenestarEmocional

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies