📣 AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN DOS COMERCIOS EN MERCANAVILA 2026! 🛍️
Boas novas para o comercio local! 🎉
A Deputación da Coruña amplía o prazo para que os establecementos comerciais se adhiran ao programa MercaNaVila 2026, co obxectivo de facilitar a participación do maior número posible de negocios, especialmente dos pequenos comercios.
📅 Novo prazo de inscrición: ata o 20 de novembro de 2026 ás 9:00 h.
Se tes un comercio nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes, esta é unha nova oportunidade para sumarte a esta iniciativa de apoio ao comercio local.
💚 Non deixes pasar esta oportunidade! Anímate a participar e contribúe a impulsar o comercio de proximidade.
ℹ️ Máis info: https://mercanavila.gal/
#MercaNaVila2026 #ComercioLocal #ComercioDeProximidade #DeputaciónDaCoruña #ApoioAoComercioLocal