Noticias e alertas

📰 COMPARTIMOS 🏭 As Pontes avanza como referente industrial A nova planta de Indra en As Pontes será presentada este mé...

27/10/2026

📰 COMPARTIMOS 🏭 As Pontes avanza como referente industrial
A nova planta de Indra en As Pontes será presentada este mércores, 28 de outubro, nun paso importante para o desenvolvemento industrial do noso concello.
📍 Situada no polígono industrial de Penapurreira, a instalación contará cun investimento de 18 millóns de euros e estará destinada á integración de vehículos militares e sistemas terrestres para as Forzas Armadas.
💼 Segundo as previsións da compañía, o proxecto permitirá crear entre 70 e 120 empregos directos cualificados, ademais de oportunidades para empresas auxiliares e provedores.
🚀 Unha nova oportunidade para impulsar a actividade industrial, xerar emprego cualificado e fortalecer o tecido empresarial das Pontes e da comarca.
🔗 Máis información en Infodefensa:
https://www.infodefensa.com/…/planta-indra-fabricacion-vehi…
#AsPontes #Industria #Emprego #DesenvolvementoIndustrial #Penapurreira

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies