Noticias e alertas

🐉✨ 𝗢 𝗚𝗥𝗨𝗣𝗢 𝗫𝗨𝗩𝗘𝗡𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗣𝗜𝗥𝗔𝗚𝗨̈𝗜𝗦𝗠𝗢 𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗦: 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗘, 𝗜𝗚𝗨𝗔𝗟𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗘 �...

27/10/2026

🐉✨ 𝗢 𝗚𝗥𝗨𝗣𝗢 𝗫𝗨𝗩𝗘𝗡𝗜𝗟 𝗗𝗘 𝗣𝗜𝗥𝗔𝗚𝗨̈𝗜𝗦𝗠𝗢 𝗗𝗔𝗦 𝗣𝗢𝗡𝗧𝗘𝗦: 𝗗𝗘𝗣𝗢𝗥𝗧𝗘, 𝗜𝗚𝗨𝗔𝗟𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗘 𝗘𝗦𝗣𝗜́𝗥𝗜𝗧𝗢 𝗗𝗘 𝗘𝗤𝗨𝗜𝗣𝗢! 💜🚣
As últimas semanas deixáronnos grandes momentos para o equipo de barco dragón do Grupo Xuvenil de piragüismo das Pontes, que participou en dúas importantes citas
🌙✨ 𝗜𝗩 𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔𝗟 𝗔𝗡𝗢𝗖𝗛𝗘𝗖𝗘𝗥 | 𝗧𝗥𝗔𝗦𝗢𝗡𝗔
Os días 4 e 5 de outubro, o equipo participou nun festival que reuniu máis de 600 persoas deportistas e 23 clubs de toda España. As regatas de relevos de 2.000 metros, disputadas ao anoitecer e con barcos iluminados sobre a auga, ofreceron un espectáculo único, no que a convivencia e o compañeirismo estiveron por riba das medallas.
🏅 O equipo competiu nas categorías BCS, feminina e open. Cómpre destacar o gran resultado do equipo open, que acadou o **6.º posto entre os 56 barcos participantes**.
💜 O Grupo Xuvenil tamén destaca polo seu compromiso coa igualdade: é un dos poucos clubs de España que conta con mulleres timoneis, dando visibilidade ao liderado feminino no deporte.
🌊💪 𝗖𝗢𝗣𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔 𝗗𝗘 𝗕𝗔𝗥𝗖𝗢 𝗗𝗥𝗔𝗚𝗢́𝗡 | 𝗔 𝗖𝗢𝗥𝗨𝗡̃𝗔
O 18 de outubro, o equipo afrontou unha xornada moi esixente, marcada polo forte vento e as difíciles condicións do mar de fondo. Malia os contratempos, as persoas participantes loitaron ata o final, demostrando valentía, entrega e unha gran unión, especialmente importante para quen afrontaba a súa primeira regata.
🏆 𝗥𝗘𝗦𝗨𝗟𝗧𝗔𝗗𝗢𝗦:
🥇 Feminino sénior: medalla de ouro.
👏 Feminino veterano: 4.º posto, a poucos segundos do segundo e terceiro postos.
💪 Equipos mixto e open: descalificados por saídas de pista nas complicadas condicións meteorolóxicas.
👏 Desde o Concello das Pontes felicitamos o Grupo Xuvenil polos seus resultados, esforzo e compromiso, e por representar o noso municipio transmitindo valores como o respecto, a igualdade e o compañeirismo.
#AsPontes #GrupoXuvenil #Piragüismo #BarcoDragón #DeporteGalego #IgualdadeNoDeporte #OrgulloPontés #Compañeirismo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies