Noticias e alertas

♻️ AS PONTES MELLORA A XESTIÓN DOS RESIDUOS MUNICIPAIS O Concello das Pontes contará con 28.709,30 euros de financiament...

28/10/2026

♻️ AS PONTES MELLORA A XESTIÓN DOS RESIDUOS MUNICIPAIS
O Concello das Pontes contará con 28.709,30 euros de financiamento da Xunta de Galicia e da Unión Europea, a través do programa FEDER, para impulsar dúas actuacións destinadas a mellorar a recollida selectiva e optimizar o servizo municipal de residuos.
🚐 Un punto limpo móbil que achegará ás parroquias e aos distintos núcleos de poboación a recollida de residuos especiais, como pilas, aceite usado, pequenos aparellos eléctricos, lámpadas e téxtiles, facilitando a súa correcta xestión.
📍 A dixitalización do servizo, mediante un inventario xeolocalizado dos contedores, un estudo do funcionamento da recollida e unha análise dos custos reais, que permitirá mellorar a planificación e avanzar cara a unha taxa de residuos máis xusta.
Estas actuacións contribuirán a ofrecer un servizo máis eficiente, facilitar a colaboración da veciñanza e avanzar cara a unha xestión dos residuos máis sostible.
📅 As actuacións desenvolveranse ao longo de 2026. O Concello informará da posta en funcionamento dos novos servizos.
🇪🇺 Actuacións cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea, no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, e pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-mellorara-a-recollida-…/
#AsPontes #Residuos #Reciclaxe #Sostibilidade #PuntoLimpoMóbil

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies