🏭 INDRA PRESENTA NAS PONTES A SÚA NOVA PLANTA DE VEHÍCULOS MILITARES
📍 O polígono industrial de Penapurreira acolle unha nova instalación industrial de Indra, cun investimento de 18 millóns de euros e unha previsión de entre 70 e 120 empregos directos.
🚛 A factoría ocupará máis de 50.000 m² de parcela e estará especializada na integración de vehículos militares para as Forzas Armadas. Contará con zonas de montaxe, probas e validación, así como cunha pista para verificar as capacidades dos vehículos.
📈 O proxecto abre novas oportunidades para:
✅ Impulsar o emprego industrial na comarca.
✅ Favorecer a participación das empresas auxiliares e dos provedores locais.
✅ Atraer talento cualificado e xerar novas oportunidades profesionais.
✅ Reforzar a colaboración con centros tecnolóxicos e de formación.
🤝 Durante a presentación, Valentín González Formoso destacou a colaboración institucional que fixo posible o proxecto e o seu potencial para o desenvolvemento económico das Pontes.
🚔Pola súa banda, Josep Maria Recasens, conselleiro delegado de Indra Group, puxo en valor o papel da planta na estratexia industrial da compañía.
🌱 As Pontes abre unha nova etapa para a súa industria, con oportunidades de emprego, innovación e crecemento para o conxunto da comarca.
Máis info: https://vive.aspontes.org/indra-presenta-en-as-pontes-a-su…/
#AsPontes #Indra #Emprego #Industria #DesenvolvementoEconómico #Ferrolterra #Galicia