COMPARTIMOS 📰
Hai situacións que cambian por completo a vida dunha familia e que requiren moito máis ca esforzo e dedicación: necesitan apoio e recursos.
A historia de Antonio Oca, veciño das Pontes diagnosticado de esclerose lateral amiotrófica (ELA), amosa a realidade á que se enfrontan el e os seus fillos, que asumiron os coidados diarios na casa. Unha nova etapa que implica aprendizaxe, adaptación e unha atención constante.
Desde o Concello das Pontes queremos poñer en valor o compromiso das persoas coidadoras e lembrar a importancia de contar con recursos públicos suficientes para atender as necesidades das persoas con dependencia e das súas familias. Porque coidar non debería ser unha responsabilidade que recaia unicamente no ámbito familiar.
Agradecemos a visibilidade que historias coma esta achegan a unha realidade que precisa atención, apoio e respostas.
🔗 Le a reportaxe completa en