💚 CÁRITAS AS PONTES ESTREA UN LOCAL RENOVADO PARA SEGUIR AO LADO DAS PERSOAS
Cáritas das Pontes estrea unhas instalacións renovadas na rúa Menéndez Pelayo tras unha reforma integral de arredor de 30.000 euros, destinada a modernizar os espazos e mellorar a súa accesibilidade.
🤝 O local, que atende unhas 200 persoas ao ano, conta cunha zona de acollida, espazos polivalentes e aulas nas que se desenvolven actividades formativas, como clases de informática e castelán, ademais do recoñecido obradoiro de costura e reciclaxe téxtil.
🧵 Este proxecto de formación e inclusión social, que tamén implica a mocidade a través da colaboración co IES Castro da Uz, recibiu este ano un recoñecemento especial de Cáritas Española polo seu labor innovador.
👏 Desde o Concello das Pontes queremos poñer en valor o traballo do voluntariado e a colaboración das entidades e empresas que fan posible que iniciativas coma esta sigan medrando, creando oportunidades e acompañando as persoas que máis o precisan.
🔗 Máis info:
https://www.elprogreso.es/…/cari…/202610261818182009459.html
#AsPontes #Cáritas #CompromisoSocial #InclusiónSocial #Solidariedade