🥳 XOVES NA BIBLIO: «EL ALQUIMISTA», con Cris Collazo! 🧪✨
E se puideses entrar nun laboratorio cheo de pocións, plantas, libros e experimentos sorprendentes? Atréveste a descubrir os segredos da alquimia moderna? 🔮
Na Casa Dopeso agárdanos Flora, unha muller fascinante que combina ciencia, creatividade e un chisco de maxia para dar vida a mesturas explosivas e experimentos inesperados.
Da súa man, coñeceremos inventoras sorprendentes das que quizais nunca escoitastes falar e descubriremos, a través de sinxelos experimentos, que a ciencia tamén pode ser unha aventura chea de diversión e descubrimentos. 🌿🔬
Non faltedes! A curiosidade será o ingrediente imprescindible! 😉
📅 Xoves, 5 de novembro de 2026
⏰ 18:00 h
📍 Casa Dopeso
👧🧒 Actividade recomendada a partir dos 3 anos
#XovesNaBiblio #ElAlquimista #CrisCollazo #Biblioteca #Cultura #Concello #CienciaParaNenos