Noticias y alertas

📰 COMPARTIMOS 🏭 SAIC dá un novo paso no seu proxecto industrial con impacto nas Pontes O proxecto de implantación indu...

04/11/2026

📰 COMPARTIMOS 🏭 SAIC dá un novo paso no seu proxecto industrial con impacto nas Pontes
O proxecto de implantación industrial de SAIC en Galicia continúa avanzando. A Dirección Xeral de Comercio Internacional e Investimentos autorizou un primeiro trámite para que a multinacional chinesa poida constituír a sociedade instrumental necesaria para desenvolver o seu proxecto.
Un avance administrativo que permite seguir dando pasos cara a unha iniciativa que contempla tamén As Pontes como un dos seus principais eixes, cun futuro centro industrial e loxístico vinculado ao sector da automoción e á implantación de empresas provedoras.
📍 O proxecto global contempla para As Pontes a creación dun polo industrial e loxístico, cunha previsión inicial de arredor de 300 postos de traballo, que contribuirían á diversificación económica e á xeración de novas oportunidades laborais no municipio.
🚗 A iniciativa, impulsada polo fabricante de vehículos MG, forma parte dun complexo industrial que abrangue Ferrolterra e As Pontes.
Un novo avance nun proxecto estratéxico para o futuro industrial da comarca, que continúa pendente de completar os trámites e autorizacións necesarios para a súa materialización.
Máis info: https://www.expansion.com/…/saic-avanza-proyecto-as-pontes-…
#AsPontes #SAIC #Industria #Emprego #DesenvolvementoEconómico #Ferrolterra

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies