🎶 LIDIA INDIA PRESENTA “ORIXES” EN AS PONTES
A música de raíz galega mestúrase cos sons do mundo nun espectáculo cheo de enerxía, emoción e identidade. 🌿
Lidia India chega a As Pontes co seu novo espectáculo “Orixes”, unha proposta en formato trío na que tradición e modernidade se dan a man para ofrecer unha viaxe musical vibrante e participativa, na que tamén hai espazo para cantar e bailar.
Unha oportunidade para descubrir unha artista cunha linguaxe propia, que revisita as súas raíces galegas cunha mirada universal e contemporánea.
📅 Venres, 13 de novembro
📍 Casa Dopeso
🕣 20:30 horas
🎟️ Entradas á venda en: https://aspontes.sacatuentrada.es/
Unha proposta do CONCELLO DE AS PONTES, dentro da programación de Santa Icía.
#SantaIcía #AsPontes #LidiaIndia #Orixes #Cultura #MúsicaEnDirecto #ConcelloDeAsPontes