Noticias e alertas

📰 COMPARTIMOS ⚡ AS PONTES, UNHA OPORTUNIDADE ESTRATÉXICA PARA O SEU FUTURO INDUSTRIAL O alcalde, Valentín González Form...

05/11/2026

📰 COMPARTIMOS ⚡ AS PONTES, UNHA OPORTUNIDADE ESTRATÉXICA PARA O SEU FUTURO INDUSTRIAL
O alcalde, Valentín González Formoso, analiza nunha entrevista en El Progreso o potencial enerxético dAs Pontes e as oportunidades que se abren para o desenvolvemento industrial e económico do municipio.
«Que unha localidade dispoña de capacidade cun volume tan alto de subministración é unha vantaxe competitiva e pódense contar cos dedos dunha man», destaca o alcalde.
Nun contexto no que a dispoñibilidade de enerxía se converte nun factor decisivo para a implantación de novas industrias, As Pontes parte dunha posición estratéxica.
A súa capacidade enerxética, as infraestruturas existentes e os novos proxectos previstos poden ser un importante punto de partida para atraer investimentos, impulsar novas actividades económicas e xerar emprego.
Na entrevista tamén se aborda o papel dos nós de transición xusta, a nova subestación prevista en Maciñeira, os concursos de capacidade eléctrica e os retos pendentes para que todo este potencial se traduza en novas oportunidades para o territorio.
O obxectivo é claro: aproveitar as fortalezas das Pontes para consolidar o municipio como un dos grandes polos industriais e enerxéticos de Galicia, garantindo que a transición enerxética vaia acompañada de actividade económica e emprego.
📖 Toda a información e as palabras do alcalde na entrevista de El Progreso.
🔗

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies