Noticias y alertas

💜 O TEATRO COMO FERRAMENTA PARA EDUCAR NO RESPECTO E PREVIR O ACOSO ESCOLAR Hoxe no Cine Alovi vivimos unha desas xorna...

05/11/2026

💜 O TEATRO COMO FERRAMENTA PARA EDUCAR NO RESPECTO E PREVIR O ACOSO ESCOLAR
Hoxe no Cine Alovi vivimos unha desas xornadas nas que a cultura vai moito máis alá do escenario. 🎭
O alumnado do CEIP Castro da Uz e do IES Moncho Valcarce asistiu á representación de MENINA. Son unha puta obra de Velázquez, da compañía Proyecto Cultura, unha proposta teatral que aborda, sen rodeos, unha realidade que segue demasiado presente: o acoso escolar.
A través da historia dunha muller que desde a infancia sufriu burlas, insultos e humillacións polo seu aspecto físico, a obra pon o foco nas feridas que deixa o bullying, na presión dos estereotipos e na importancia de aprender a aceptarnos, querernos e recoñecer o noso propio valor.
Porque as palabras poden facer moito dano. Porque aquilo que ás veces se xustifica como unha broma pode converterse nunha ferida que acompaña durante anos. E porque ninguén debería ter que cambiar para merecer respecto.
Despois da representación, o alumnado participou nun interesante debate no que puido compartir reflexións, formular preguntas e falar abertamente sobre o acoso, a violencia e o papel que todas as persoas temos na súa prevención.
Esta actividade, enmarcada na programación arredor do 4 de novembro, Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar, forma parte do compromiso do Concello das Pontes, a través das áreas de Cultura e Educación, coa sensibilización, a prevención e a construción de contornas educativas seguras e libres de violencia.
Queremos que a cultura tamén sexa unha ferramenta para transformar miradas, romper silencios e abrir conversas necesarias. Que as persoas máis novas teñan espazos onde expresarse, cuestionar comportamentos e comprender que apoiar a quen sofre acoso tamén é unha forma de actuar.
💜 Educar no respecto, fomentar a empatía e promover a convivencia é un compromiso colectivo.
#AsPontes #Cultura #Educación #ContraOAcoso #Convivencia #Menina

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies