Noticias e alertas

🚀 As Pontes recibe 1,3 millóns de euros para impulsar tres proxectos empresariais e crear 45 novos postos de traballo....

06/11/2026

🚀 As Pontes recibe 1,3 millóns de euros para impulsar tres proxectos empresariais e crear 45 novos postos de traballo.
Unha boa noticia para o futuro económico do municipio e para a diversificación do seu tecido empresarial.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a través do Instituto para a Transición Xusta, concedeu axudas a tres iniciativas:
🔹 Wim Studio: unha nova planta para transformar residuos e subprodutos en materiais sostibles destinados á fabricación de taboleiros, con 17 empregos previstos.
🔹 Delicias Coruña: ampliación das súas instalacións no polígono de Penapurreira, que permitirá crear 19 novos postos de traballo.
🔹 Intacta Gestión Ambiental: creación dun centro de ensaio para tecnoloxías de tratamento de augas residuais industriais, con 9 novos empregos.
En total, 1,3 millóns de euros en axudas e 45 novas oportunidades laborais para As Pontes.
A transición xusta debe traducirse en investimentos, actividade económica e emprego de calidade. Estes proxectos representan novos pasos para construír un futuro con máis oportunidades para o noso municipio e para a súa veciñanza.
#AsPontes #TransiciónXusta #Emprego #DesenvolvementoLocal #Industria #Futuro #Galicia
Máis info:

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies