Noticias e alertas

🏁 AS PONTES, PUNTO DE PARTIDA DUNHA NOVA FORMA DE ENTENDER O AUTOMOBILISMO! 💚⚡ Este sábado, 7 de novembro, As Pontes a...

06/11/2026

🏁 AS PONTES, PUNTO DE PARTIDA DUNHA NOVA FORMA DE ENTENDER O AUTOMOBILISMO! 💚⚡
Este sábado, 7 de novembro, As Pontes acolle a primeira proba do Campionato Xunta de Galicia de Enerxías Alternativas – Consellería de Industria, unha competición pioneira que abre un novo capítulo no automobilismo galego.
🚗 Un total de 11 equipos participarán nesta primeira cita, na que os vehículos híbridos e eléctricos serán os protagonistas.
🌱 Unha modalidade na que a velocidade deixa paso á eficiencia enerxética, á regularidade e á condución responsable, demostrando que a innovación e a sustentabilidade tamén teñen o seu lugar no deporte do motor.
📅 Horarios da proba:
13.00 h: inicio das verificacións.
15.00 h: saída do primeiro participante.
19.15 h: chegada prevista.
22.15 h: entrega de premios no Campo de Tiro de As Pontes.
🙌 Desde o Concello das Pontes celebramos que o noso municipio sexa o punto de partida deste novo campionato, contribuíndo á promoción das novas tecnoloxías, da mobilidade sostible e dun modelo de deporte máis respectuoso co medio ambiente.
💚 As Pontes aposta pola innovación, a sustentabilidade e o futuro!
#AsPontes #EcoRally #EnerxíasAlternativas #MobilidadeSostible #Automobilismo #Sustentabilidade #ConcelloDasPontes
Máis info:

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies