🏭 AS PONTES AVANZA NA PLANIFICACIÓN DO SEU FUTURO INDUSTRIAL
🤝 O Concello das Pontes, a Xunta de Galicia e Endesa retoman as conversas para impulsar o aproveitamento industrial dos terreos situados nas inmediacións da central térmica.
📍 MÁIS DE 500.000 m² CON POTENCIAL INDUSTRIAL
O obxectivo é anticipar a ordenación e posta en valor de superficies como o Punto K, a Balsa e outros terreos afastados das zonas afectadas polo desmantelamento, facilitando a súa futura utilización para novos proxectos empresariais.
🌬️ PORTORROIBO: 200.000 m² DE OPORTUNIDADES
A reunión tamén abordou a ordenación deste polígono, no que se busca impulsar a especialización en actividades vinculadas á loxística eólica.
🎯 Un traballo conxunto para atraer investimentos, favorecer a implantación de empresas e xerar novas oportunidades económicas e de emprego.
O alcalde, Valentín González Formoso, agradeceu a implicación da Xunta e a colaboración de Endesa para avanzar nesta planificación.
Máis info: https://vive.aspontes.org/concello-conselleria-de-industri…/
#AsPontes #FuturoIndustrial #DesenvolvementoEconómico #Industria #Emprego #LoxísticaEólica