Noticias y alertas

COMPARTIMOS 🏆O noso municipio foi escenario da estrea do Campionato Xunta de Galicia de Enerxías Alternativas, unha c...

09/11/2026

COMPARTIMOS
🏆O noso municipio foi escenario da estrea do Campionato Xunta de Galicia de Enerxías Alternativas, unha competición pioneira na que a eficiencia enerxética e a regularidade ao volante foron as grandes protagonistas.
A cita deixou excelentes resultados e dúas grandes vitorias:
🔌 Shirley e Antonio Fernández, vencedores na modalidade de vehículos eléctricos.
🏁 José Luis Martínez e David Blanco, do Automóbil Club As Pontes, campións na categoría de híbridos, cunha vitoria que quedou na casa.
Ademais, Manuel Trevín e Tania Martínez conseguiron o recoñecemento ao mellor equipo en eficiencia na modalidade híbrida.
Máis de 120 quilómetros de percorrido e máis dun cento de controis nunha proba que combina deporte, innovación e mobilidade sostible.
👏 Desde o Concello das Pontes queremos felicitar a todas as persoas participantes e, especialmente, aos equipos premiados, así como agradecer o traballo de todas as entidades que fixeron posible esta primeira edición.
Máis info: https://www.lavozdegalicia.es/…/shirley-fernandez-jose-luis…
#AsPontes #EcoRally #Automobilismo #MobilidadeSostible #Deporte #CampionatoGalego

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies