Noticias y alertas

🍽️ NOVEMBRO TEN SABOR EN AS PONTES! SABOREA AS PONTES 2026 😋 Volven as tapas, a creatividade e o mellor da nosa hostal...

09/11/2026

🍽️ NOVEMBRO TEN SABOR EN AS PONTES! SABOREA AS PONTES 2026 😋
Volven as tapas, a creatividade e o mellor da nosa hostalaría! Unha oportunidade perfecta para descubrir novas propostas gastronómicas, percorrer os locais da vila e desfrutar dos sabores da nosa terra.
📅 DÚAS FINS DE SEMANA PARA SABOREAR!
▪️ Do 12 ao 15 de novembro.
▪️ Do 19 ao 22 de novembro.
🕒 HORARIOS:
▪️ Xoves e venres: de 19:30 a 23:00 h.
▪️ Sábados e domingos: de 12:00 a 15:00 h e de 19:30 a 23:00 h.
🍴 13 establecementos participantes.
💶 Tapas a só 2,50 €.
🏆 1.200 € en premios!
📍 Participan: O Colador, Café-Bar Trastoy 3, Bar Excalibur, La Capilla, A Fervenza de Somede, Hotel Pontes do Eume, Cervecería Jardín, Cafetería Venus, Bar Safari, La Tremenda, Cervecería Medulio, Delapiccola As Pontes e A Taberna de Pancho.
🌾 TAPAS APTAS PARA CELÍACOS
O concurso tamén conta con propostas aptas para persoas celíacas en:
🥔 A Fervenza de Somede – «O Proveíto».
🥔 Cervecería Jardín – «Niño de Mexela».
🤝 Unha iniciativa do Concello das Pontes, en colaboración con Cohempo, para apoiar a hostalaría, dinamizar a economía local e poñer en valor o seu talento. 💚 Anímate a participar, descubrir novas propostas e apoiar os negocios locais!
#SaboreaAsPontes2026 #AsPontes #Gastronomía #HostalaríaLocal #Tapas #SenGlute

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies