Noticias e alertas

♨️ PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO 2027 O Concello informa da apertura dos prazos de solicitude para participar no Pro...

10/11/2026

♨️ PROGRAMA DE TERMALISMO DO IMSERSO 2027
O Concello informa da apertura dos prazos de solicitude para participar no Programa de Termalismo do IMSERSO, unha oportunidade para coidar a saúde, mellorar o benestar e gozar dos beneficios dos tratamentos termais.
📅 PRAZOS DE SOLICITUDE
🔹 Quendas de febreiro a agosto de 2027: ata o 5 de decembro de 2026.
🔹 Quendas de setembro a decembro de 2027: ata o 12 de maio de 2027.
📋 LISTA DE ESPERA
Para as prazas que queden vacantes por renuncias ou outras circunstancias, os prazos de solicitude son:
🔹 Quendas de febreiro a agosto: ata o 11 de maio de 2027.
🔹 Quendas de setembro a decembro: ata o 31 de outubro de 2027.
👥 QUEN PODE PARTICIPAR?
O programa está dirixido a persoas pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente, persoas pensionistas por viuvez maiores de 55 anos, persoas pensionistas por outros conceptos ou perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego maiores de 60 anos, así como persoas aseguradas ou beneficiarias da Seguridade Social con 65 ou máis anos.
É necesario ter autonomía para realizar as actividades da vida diaria e necesitar os tratamentos termais solicitados. As persoas participantes poderán acudir acompañadas da súa parella, sen que esta teña que cumprir os requisitos de idade e pensión.
🛁 QUE INCLÚE O PROGRAMA?
Aloxamento e pensión completa en habitación dobre compartida, tratamentos termais básicos con prescrición médica, actividades de animación e seguro turístico.
ℹ️ MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
🌐 www.imserso.es
📍 Departamento de Servizos Sociais do Concello, previa cita.
📞 981 44 10 08 (en horario de mañá).
Máis info: https://vive.aspontes.org/aberto-o-prazo-de-solicitude-par…/
#TermalismoIMSERSO #IMSERSO2027 #ServizosSociais #Benestar #PersoasMaiores

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies