Noticias e alertas

COMPARTIMOS Despedimos con moita tristura a Simón Cabarcos, un pontés que nos deixa demasiado pronto. Unha persoa que d...

11/11/2026

COMPARTIMOS
Despedimos con moita tristura a Simón Cabarcos, un pontés que nos deixa demasiado pronto.
Unha persoa que destacou polo seu talento, a súa capacidade emprendedora e o seu compromiso, levando o nome de As Pontes moito máis alá das nosas fronteiras.
O seu percorrido no deporte, a súa valentía para converter unha idea nun proxecto de éxito e a súa dedicación aos demais deixan unha pegada que permanecerá na memoria colectiva.
Desde o Concello queremos trasladar o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e a todas as persoas que tiveron a sorte de coñecelo e compartiren con el parte do seu camiño.
Grazas por tanto, Simón. Descansa en paz. 🖤
Máis info:

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies