Noticias y alertas

🌼 OBRADOIRO CALÉNDULA: NATUREZA QUE COIDA A NOSA PEL 🌿 A Asociación de Amas de Casa das Pontes organiza un novo obrado...

12/11/2026

🌼 OBRADOIRO CALÉNDULA: NATUREZA QUE COIDA A NOSA PEL 🌿
A Asociación de Amas de Casa das Pontes organiza un novo obradoiro para descubrir os beneficios da caléndula e aprender a aproveitar as súas propiedades naturais para o coidado da pel.
🌻 Neste obradoiro aprenderás a transformar as súas flores en diferentes produtos naturais de coidado persoal: un oleato, un ungüento e un bálsamo labial.
✨ E hai máis! Ao rematar, levarás contigo unha mostra de cada elaboración realizada durante o obradoiro. Ademais, terás a oportunidade de adquirir produtos naturais feitos con caléndula, perfectos para agasallar este Nadal con pequenos detalles cheos de esencia, natureza e coidado. 🎁
📅 Martes, 24 de novembro
🕔 De 17:00 a 19:00 h.
📍 Amas de Casa (Poboado do Barreiro).
💶 PREZOS:
🌸 Socias: 20 €
🌸 Non socias: 25 €
👩‍🌾 Impartido por María Freijomil.
📞 Inscricións e información: 667 748 462 / 659 058 025
🌿 Anímate a participar, descubrir os segredos desta flor marabillosa e aprender a coidar a túa pel dun xeito natural. Este Nadal, regala natureza, benestar e coidado!

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies