🧶 Puntadas que unen, tecen comunidade e crean lazos. 💚
O que comezou como un grupo de amigas afeccionadas ao tecido converteuse en Puntadas con Agarimo, unha asociación que xa reúne arredor de 50 persoas de diferentes idades.
Da man de Verónica Sabín, a asociación impulsa cursos, obradoiros e encontros nos que o ganchillo, o bordado e outras labores son moito máis ca unha afección: son unha oportunidade para aprender, compartir coñecementos, exercitar a memoria e crear comunidade.
👵👧 Un espazo de encontro entre xeracións.
🧶 Unha actividade que estimula a creatividade e a mente.
🤝 Unha maneira de compartir tempo, experiencias e amizades.
Desde o Concello queremos poñer en valor iniciativas como esta, que manteñen vivo o tecido asociativo e fan dos nosos espazos lugares de convivencia e participación.
Parabéns a Puntadas con Agarimo por tecer, punto a punto, unha comunidade con máis agarimo! 💚
Máis info: https://www.elprogreso.es/…/vero…/202611091131232012802.html
#AsPontes #PuntadasConAgarimo #Asociacionismo #VidaActiva #Comunidade