📰 COMPARTIMOS
🌸 As Pontes revalida as 3 Flores de Honra de Vilas en Flor! 🌸
O noso concello volve recibir este recoñecemento no certame Vilas en Flor, impulsado pola Fundación Juana de Vega, que distingue o compromiso dos municipios galegos coa mellora dos espazos verdes, a sustentabilidade, a educación ambiental e o coidado da contorna.
Revalidar as tres Flores de Honra é un orgullo e, ao mesmo tempo, un estímulo para seguir traballando por unhas Pontes máis verdes, sostibles e acolledoras.
Este recoñecemento é tamén o reflexo do esforzo compartido, do compromiso municipal e da colaboración da veciñanza na conservación e posta en valor do noso patrimonio natural e dos espazos públicos.
Máis info: https://www.lavozdegalicia.es/…/san…/0003_202611F14C8993.htm
#AsPontes #VilasEnFlor #TresFloresDeHonra #MedioAmbiente #Sostibilidade #OrgulloPontés