Noticias y alertas

💜 25N | NON AS FAGAS INVISIBLES. AFINA A MIRADA 💜 O Concello das Pontes presenta a programación con motivo do Día Inte...

16/11/2026

💜 25N | NON AS FAGAS INVISIBLES. AFINA A MIRADA 💜
O Concello das Pontes presenta a programación con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha campaña que nos invita a mirar, identificar e actuar fronte ás violencias machistas.
📚 Cultura e sensibilización
25N | 10:30 h – «Relendo a vida», na Biblioteca Municipal.
25N | 12:00 h – Lectura da Declaración Institucional, na Casa do Concello.
26N | 18:00 h – «Coser e cantar», con Marta Ortiz, na Casa Dopeso.
26N | 18:30 h – Obradoiro «As tolas que non o eran», na Biblioteca Municipal.
🎓 Prevención nos centros educativos
Punto Violeta: información e sensibilización.
Obradoiros sobre intelixencia artificial, sexualidade e relacións dixitais.
«Da idea ao guión»: a mocidade toma a palabra a través do cinema.
💜 Durante novembro tamén se desenvolverá «Cara B das violencias machistas», un espazo de encontro, autocoidado e apoio mutuo entre mulleres.
👀 Os celos, o control, as presións, o acoso ou a violencia dixital tamén son violencia. Aprendamos a recoñecelos.
Porque previr é mirar, escoitar e actuar. A igualdade é responsabilidade de todas e todos.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-presenta-a…/
#AsPontes #25N #NonAsFagasInvisibles #AfinaAMirada #Igualdade #StopViolenciaMachista

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies