LEMBRAMOS
Continúa aberto o prazo para solicitar as AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2025-2026
Estas achegas están destinadas a atender os gastos de adquisición de libros, material escolar, material informático e material para o conservatorio do alumnado de Educación Infantil (1º e 2º ciclo), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), bacharelato, ciclos formativos (FP) e estudios no Conservatorio de Música.
As solicitudes, así como a documentación esixida, poderán presentarse a través da sede electrónica municipal https://sede.aspontes.org/sxc/gl/index.html ou no rexistro xeral do Concello (con cita previa chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de 08:30 a 13:30 horas, ata o 25 de xuño.
Asemade, abrirase un prazo extraordinario en setembro (do 22 ao 30 de setembro de 2025,), para aquel alumnado que por obrigación ten que formalizar a matrícula en setembro.