Noticias e alertas

INSCRICIÓN CABALGATA REIS 2025

29/11/2024

INSCRICIÓN CABALGATA REIS 2025



O Concello das Pontes abre o luns, 2 de decembro, o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis que se celebrará o día 5 de xaneiro de 2025.



Poderán inscribirse os nenos e nenas que estean matriculados nalgún curso de Educación Orimaria dos centros escolares das Pontes, de 1º a 6º (ambos incluídos) e existen dúas modalidades de participación; paxes que irán nas carrozas e paxes que conformarán o séquito a pé. As prazas ofertadas para as seis carrozas que conformarán a cabalgata de Reis son 42 mentres que o número de prazas ofertadas para formar parte do séquito a pé é 70.



As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello nos seguintes prazos; a través da sede electrónica, desde o 2 ao 11 de decembro (ambos incluídos) e no Rexistro xeral os días 2, 3 e 4 de decembro, en horario de 9.30 a 13.30 h (previa cita nos números de teléfonos 667129380/667129389)



Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-abre-o-prazo-de-inscricion-para-participar-na-cabalgata-de-reis/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies