Noticias e alertas

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐎 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐍𝐎𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐔𝐑𝐁𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐈𝐋𝐈𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀𝐑 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐒𝐀𝐍𝐓𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟓

13/03/2025

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐁𝐑𝐄 𝐎 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐎 𝐃𝐄 𝐈𝐍𝐒𝐂𝐑𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐍𝐎𝐒 𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐔𝐑𝐁𝐀𝐍𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐈𝐋𝐈𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐅𝐀𝐌𝐈𝐋𝐈𝐀𝐑 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐒𝐀𝐍𝐓𝐀 𝟐𝟎𝟐𝟓



O Concello das Pontes abre o venres, 14 de marzo, o prazo de inscrición para participar nos campamentos urbanos de conciliación familiar de Semana Santa 2025, unha proposta da Concellería de Igualdade que ten como obxectivo prioritario permitir ás familias do municipio conciliar a vida laboral, persoal e familiar durante as vacacións escolares de Semana Santa.



As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita, nos números de teléfono 667 12 93 89/667 12 93 80, ata o 4 de abril en horario de 08:30 a 13:30 horas, no rexistro municipal.



Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica do Concello, comezando o prazo o día 14 de marzo ás 00.00 e rematando o prazo o 14 de abril ás 13:30 horas.



Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-abre-o-prazo-de-inscricion-nos-campamentos-urbanos-de-conciliacion-familiar-de-semana-santa-2025/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies