12/11/2024
O Concello das Pontes dálle continuidade á campaña de sensibilización “Non as fagas invisibles. AFINA A MIRADA”, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, coa que se busca visibilizar todas as formas de violencia que se exercen contra as rapazas e mulleres, facendo especial fincapé naquelas que seguen a estar menos visibles aos ollos da nosa sociedade.
O pasado ano, baixo este lema, buscábase reflectir e concienciar sobre a realidade que viven moitas mulleres en situación de violencia de xénero no ámbito da parella que, pola súa condición de migradas, idade avanzada ou por presentar unha discapacidade, ademais, teñen que facer fronte a unha serie de obstáculos específicos.
Na mesma liña, e sen abandonar o prisma da interseccionalidade, a campaña deste ano é unha invitación a que todas as persoas afinen a súa mirada e se acheguen á realidade das rapazas máis novas, as cales tamén viven nun sistema patriarcal que as atravesa de maneira específica, sendo a violencia sexual unha das moitas manifestacións da violencia machista que enfrontan acotío.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-retoma-a-campana-de-sensibilizacion-non-as-fagas-invisibles-afina-a-mirada-con-motivo-do-25n-dia-internacional-para-a-eliminacion-da-violencia-contr/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies