17/02/2025
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, acompañado polo concelleiro de obras, Roberto Rivera, e a concelleira de xuventude, Lorena Tenreiro, visitaba esta mañá a praza do poboado da Magdalena, tras anunciarse a adxudicación da obra de execución dunha pista multideporte no Poboado da Magdalena e a mellora da contorna á empresa pontesa Huso 29.
O proxecto, cun orzamento de 181.427 euros, con cargo á Deputación da Coruña, ten como obxectivo prioritario mellorar a funcionalidade, seguridade, eficiencia enerxética e sustentabilidade dunha das prazas interiores do Poboado da Magdalena.
Crearase unha pista de 20 metros de longo por 10 metros de ancho, para a práctica de fútbol, baloncesto e balonmán, formada por unha estrutura realizada en tramex composta por módulos de diferentes cores, con dúas portarías nos lados curtos, sobre as que se colocarán os taboleiros de baloncesto, completándose o equipamento con dous taboleiros de minibasquet.
A contorna da pista multideporte executarase en formigón armado de cor similar ao executado na praza principal do Poboado e amoblarase con bancos, papeleiras e xardineiras.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-adxudica-as-obras-de-construcion-da-pista-multideporte-do-poboado-da-magdalena/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies