Noticias e alertas

🎬 CARTELEIRA DE CINE – FIN DE SEMANA nas Pontes 🎬 ✨ PONYO EN EL ACANTILADO Un clásico de la animación japonesa dirigid...

14/10/2025

🎬 CARTELEIRA DE CINE – FIN DE SEMANA nas Pontes 🎬
✨ PONYO EN EL ACANTILADO
Un clásico de la animación japonesa dirigido por Hayao Miyazaki que nos sumerxe nunha historia máxica e chea de encanto. Sosuke, un neno de cinco anos que vive nun cantil sobre o mar, atopa a Ponyo, unha pececita vermella con un gran corazón, atrapada nun tarro de marmelada. Ao rescatala, inicia unha aventura chea de misterio, amizade e maxia que nos lembra a importancia do amor e da natureza.
Unha película para todas as idades, cunha animación preciosa e unha banda sonora inesquecible que conquistará tanto aos máis pequenos coma aos adultos.
📅 Sábado 18 de outubro | 🕔 17:00 h
📅 Domingo 19 de outubro | 🕔 17:00 h
✨ MATERIALISTAS
Esta comedia romántica contemporánea narra a historia de Lucy, unha experta casamenteira en Nova York que se dedica a conectar persoas para atopar o amor verdadeiro. Pero a súa vida cambia cando se ve atrapada nun complicado triángulo amoroso entre Harry, un carismático e multimillonario financeiro, e John, o seu ex novio, un actor con dificultades para triunfar.
Unha película divertida, con moito estilo e chea de momentos cheos de humor e emoción que reflexionan sobre o amor moderno, as decisións persoais e as segundas oportunidades. Ideal para un plan nocturno diferente.
📅 Sábado 18 de outubro | 🕢 19:30 h e 22:00 h
📅 Domingo 19 de outubro | 🕢 19:30 h
📍 Lugar: Casa Dopeso
🍿 Non quedes sen a túa entrada!
🔗 https://aspontes.sacatuentrada.es/
🎟️ Reserva xa o teu sitio e disfruta dun fin de semana de cine en compañía!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies