07/05/2025
PROGRAMACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Con esta elección quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
Esta é a programación deseñada desde a concellería de Cultura, a Biblioteca Municipal e o Conservatorio de Música Profesional das Pontes para conmemorar o día das Letras Galegas e render homenaxe a todas as mulleres cantareiras que axudan a manter as nosas tradicións e a difundir a música galega e a preservala.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies