Noticias e alertas

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐅𝐀𝐈 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐄𝐆𝐀 𝐃𝐎𝐒 𝐏𝐑𝐄𝐌𝐈𝐎𝐒 𝐃𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎-𝐒𝐎𝐑𝐓𝐄𝐎 𝐃𝐄 𝐕𝐄𝐑𝐀́𝐍 𝐃𝐄...

10/07/2025

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐅𝐀𝐈 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐄𝐆𝐀 𝐃𝐎𝐒 𝐏𝐑𝐄𝐌𝐈𝐎𝐒 𝐃𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐔𝐑𝐒𝐎-𝐒𝐎𝐑𝐓𝐄𝐎 𝐃𝐄 𝐕𝐄𝐑𝐀́𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐔𝐑𝐈𝐒𝐌𝐎 𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒
Esta mañá tivo lugar no parque municipal enfronte da Casa do Concello a entrega dos premios do concurso-sorteo “Pícnic Verán”, organizado pola Concellería de Turismo do Concello das Pontes para dar a benvida ao verán e fomentar o consumo no comercio e hostalería local.
Os premios foron entregados pola concelleira delegada da área de Turismo, Elena López, acompañada pola concelleira delegada da área de Cultura, Lorena Tenreiro, quen fixeron entrega dos lotes ás dúas gañadoras do concurso: Elena Bouza, a través de Instagram, e Ana Belén Almeida, a través de Facebook. Ambas amosáronse moi contentas por todos os agasallos recibidos e manifestaron o seu interese por estrear a cesta de pícnic esta mesma fin de semana na praia con bandeira azul do lago das Pontes.
Cada lote incluía unha cesta de pícnic equipada con menaxe reutilizable, un vale de 50 € para gastar no comercio e hostalería das Pontes, dúas entradas de cine para a Casa Dopeso, un suadoiro de Turismo As Pontes, o folleto turístico “Explora As Pontes”, o libro de fotografías históricas “Daquela As Pontes” e o libro-cómic “O cabaleiro García Rodríguez, o das Pontes”.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies